Movistar

Movistar
TipoSociedade anónima
Fundación25 de xullo de 1995
MatrizEspaña Telefónica
Localización
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosMovistar Fusión, Movistar TV, Fixo, móbil, Internet, fibra, TV
Na rede
https://www.movistar.com/es/, https://movistar.com.mx/, https://tiendas.movistar.es/ e https://www.movistar.es/
Facebook: movistar.es Twitter: movistar_es Telegram: MovistarNoticias Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Movistar é a marca comercial coa que opera a multinacional española de telecomunicacións Telefónica, en España e Hispanoamérica. No territorio español, engloba as compañías «Telefónica Móviles España, S.A.U.» (telefonía móbil) e «Telefónica de España, S.A.» [1]

Malia que son dúas compañías diferentes e legalmente son independentes, as dúas actúan cunha mesma marca e ofrecen servizos conxuntamente, sen ningunha distinción especial de face aos clientes. Ata maio de 2010, a denominación comercial «Movistar» só estaba destinada á filial «Telefónica Móviles», mentres que os produtos de telefonía e Internet fixos, comercializábanse co nome de «Telefónica».

Unha reestruturación completa da arquitectura das marcas do grupo en 2010, levou a denominar todos os produtos e servizos comerciais baixo a marca «Movistar», e reservar o nome «Telefónica» só para razóns institucionais ou benéficas.[2]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2014. Consultado o 24 de setembro de 2014. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2014. Consultado o 24 de setembro de 2014. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search